O pontevedrés Francisco Gondar, entre os superviventes do naufraxio do Argos Georgia

PONTEVEDRA> Entre os sobrevivintes do naufraxio do Argos Georgia hai tamén un pontevedrés. Francisco Gondar, segundo oficial, foi rescatado tralo afundimento do palangreiro. Hoxe dende o concello de Pontevedra o alcalde trasladaba o seu pésame ás familias das vítimas e recordaba que a cidade aínda ten moi presente a traxedia do Villa de Pitanxo.