Pontevedra> A provincia de Pontevedra contou cunha ocupación media do 40 por cento no mes de decembro. Tal e como dixo esta mañá a presidente trátase de 10,5 puntos máis que no 2016, o que converte decembro do 2017 no mellor, turísticamente falando, da última década.
A presidenta da Deputación de Pontevedra deu a coñecer esta mañá os datos turísticos que nos deixou o mes de decembro. Carmela Silva dixo que a provincia contou cunha media do 40 por cento de ocupación, 10.5 puntos máis que no pasado ano, o que converte este mes de decembro no mellor da última década.
Por comarcas, Caldas contou cunha ocupación media do 80 por cento, o Salnés do 45 e Pontevedra de máis do 30 por cento. Datos que foron, se cabe máis positivos, na fin de semana do 31 de decembro.
O Salnés contou para fin de ano cunha ocupación do 60 por cento e Pontevedra de máis do 40 por cento. O Turismo rural deixou datos positivos para a provincia, cunha ocupación media na fin de semana de fin de ano do 50 por cento.
A presidenta dixo esta mañá que é moi importante continuar facendo promoción na nosa provincia. Carmela Silva adiantou que entre o 15 e o 16 de xaneiro presentarán a aposta da Deputación Provincial para unha nova edición de FITUR, unha cita onde estará moi presente a desestacionalización en Pontevedra.











