É posible facer unha Cabalgata de Reis sen animais?

PONTEVEDRA> Tras a visita de Papa Noel, os rapaces esperan con ansia a chegada dos Reis Magos. A pouco máis dunha semana para que se celebre a tradicional cabalgata, a Asociación Animalista Libera reclama ao Concello que non contrate o uso de animais vivos. Hoxe saímos a rúa para coñecer a opinión dos pontevedreses a esta demanda.

Dromedarios, cabalos e camelos. Eses son algúns dos animais que se empregaron nos últimos anos para a tradicional cabalgata de Reis. E a poucos días para que se celebre o desfile, a Asociación Animalista Libera reclama ao alcalde de Pontevedra que non contrate o uso de animais vivos. Unha petición coa que moitos están de acordo.

Sen embargo, outra parte da cidadanía entende que o uso destes animais é xa unha tradición e cren que sería un erro substituílos por outras actividades.

Tradición ou non o certo é que o Concello de Pontevedra aínda non se manifestou a esta petición e todo parece indicar que os animais volverán a percorrer as rúas da cidade acompañados das súas Maxestades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí