O Goberno Local proponlle á Xunta a creación dunha Comisión para analizar o transporte público na cidade

Pontevedra>  O alcalde de Pontevedra ven de enviarlle unha carta á conselleira de Infraestruturas, o  obxectivo, propoñerlle á Xunta a creación dunha Comisión Técnica Bilateral en relación ao transporte público da cidade. O concelleiro de Mobilidade dixo que están abertos a estudar calquera posibilidade co fin de conseguir o mellor transporte públicos para os veciños de Pontevedra.  

O convenio que a Xunta de Galicia lle presentou ao concello o pasado 24  de abril non convence no Goberno Local, Demetrio Gómez ten claro que estas cousas de deben de facer con sentido, cautela e tempo.

Co fin de buscar unha solución o antes posible ante o transporte público na cidade dende o concello propoñen crear unha Comisión Técnica Bilateral, con dous técnicos do concello e outros dous da Xunta. As alternativas que plantexan dende o concello son as seguintes: alternativa 1, estender a solución dada a Monteporrreiro a todas as liñas urbanas, alternativa dúas, crear outra liñas ou modificar as actuais, alternativa 3, implantación do transporte urbano municipal, alternativa 4, implantación do transporte a demanda, alternativa 5, integración de buses e taxis e alternativa 6 o transporte metropolitano.

Dende o Goberno Local marcan como folla de ruta a creación desta Comisión antes do 30 de xuño deste ano. Demetrio Gómez quixo deixar claro que dende o concello están abertos a máis posibilidades sempre que se realice a mellor proposta para a cidadanía.