A Marea de Noia denuncia deixadez na instrución das multas de tráfico

NOIA> A Marea de Noia denuncia que o goberno leva dous anos sen instruír as sancións de tráfico. Isto tradúcese en que só se paguen as multas en período voluntario mentres que os expedientes que debería resolver o concello acaban por prescribir. Dende o grupo municipal da Marea de Noia aseguran que o concello leva dous anos sen que un funcionario actúe como instrutor das sancións de tráfico. Esta situación provoca que só se recaden en periodo voluntario xa que o concello non resolve os expedientes sancionadores polo que acaban caducando sen que se cheguen a aboar as multas. Isto tradúcese nunha gran indefensión para a policía local posto que a maior parte da cidadanía e coñecedora deste problema na xestión polo que optan por non pagar as multas en período voluntario. A pesar de que xa pediron información ó respecto en tres plenos, os representantes da Marea non conseguiron ter acceso ós datos correspondentes ás sancións que acabaron por prescribir. Atribúen esta situación á división interna do goberno xa que, din, a pesar de que o Partido Popular decántase por del gar a recadación na Deputación da Coruña non contan co respaldo dos membros do NOIA. Dende a Marea non se opoñen á xestión a través da Deputación aínda que implicaría que o concello tivese que pagar unha porcentaxe. Por esta razón, consideran que a mellor solucón sería que asumise a instrución das multas un policía local en segunda actividade.