VILAGARCIA> A iniciativa cidadá pola memoria histórica de Vilagarcía colocará a cuarta placa dos roteiros pola memoria histórica. O acto terá lugar o vindeiro día 10 no cemiterio de Rubiáns. A placa é unha homenaxe aos falecidos pola ditadura e aos enterrados na fosa común do cemiterio.
A iniciativa cidadá pola memoria histórica de Vilagarcía poñerá en marcha o vindeiro 8 de xullo o cuarto roteiro pola memoria histórica. A asociación levará a cabo diferentes actividades para honrar aos falecidos durante o franquismo. O acto principal terá lugar o día 10 coa colocación da cuarta placa dos roteiros no cemiterio xeral de Rubiáns.
A placa recolle ademais a historia de testemuñas que sufriron a represión do franquismo. O roteiro comezará o xoves 8 coa reprodución do Salón García do documental Septiembre del 75.
Ao redor do documental tamén se tratan as historias das outras catro persoas, que come Xosé, foron os últimos asasinados polo franquismo. As familias das vítimas ademais e os tres indultados naquel último crime do franquismo estarán presentes nunha charla o día 9 no Salón Peña.
A cuarta placa acompañará as anteriores que están situadas en Martices, loenzo de Cea e Carril. A colocación terá lugar o sábado 10 ás once e media.