Pontevedra> Colapso na sanidade pública de Pontevedra, esa é a situación que nos podemos atopar na cidade segundo o sindicato Prosagap. Estes profesionais da sanidade din que se precisa máis persoal, máis espazo e unha mellor organización. Dende a xerencia din que están analizando o ingreso directo en planta, para evitar ese colapso en urxencias, algo que segundo Prosagal non melloraría nin moito menos a situación actual.
A situación das uxencias en Montecelo é algo preocupante, dende Prosagap din que ano tras ano se atopan co mesmo problema e que dende as direccións non toman cartas no asunto. O que non se pode permitir, segundo estes profesionais da sanidade, é que se dupliquen os ingresos e o persoal continúe sendo o mesmo.
O problema por enriba de todo é que non hai persoal para atender a todos os usuarios.
Os que mandan non poñen ningunha solución definitiva, todo son parches.
Unha situación que leva aos traballadores a estar ao límite e sempre traballando con servizos mínimos.
A solución, segundo Prosagal, máis persoal, mellor organización e máis espazo. E algo moi importante, que o usuario esixa os seus dereitos e demande, se así o considera follas de reclamacións.
Onte mantiveron unha reunión coa xerencia onde lles dixeron que están estudando un novo protocolo de ingreso directo en planta, unha medida que tampouco melloraría a situación actual.
Dende este sindicado din que seguirán loitando polos dereitos dos traballadores e dos usuarios, porque todos merecemos unha sanidade pública digna e de calidade.