Lucecús Teatro pre-estrea este xoves en Rianxo a súa última función

RIANXO> Trátase da obra ‘Logos’, escrita por Anxo Manuel e dirixida por Santiago Cortegoso.

Así é como o propio director da obra, Santiago Cortegoso, nos mete de cheo no argumento de ‘Logos’. Unha peza teatral en clave de comedia baseada nun texto de Anxo Manuel. Autor que participa tamén na montaxe, formando parte de elenco de actores xunto a Isa Herrero e Borja Fernández.

Trátase da última produción de Lucecús Teatro. Compañía que se aproveita do programa de residencias teatrais posto en marcha xa polo concello de Rianxo o pasado ano, de cara a optimizar ó máximo posible a sala Arcos Moldes, do que xa se beneficiaron outras compañías profesionais galegas.

Dende o Concello fan ademais unha chamada a acudir este xoves ás oito e media da noite ó auditorio.

A función, de hora e cuarto de duración, está recomendada para maiores de catorce anos. A entrada será de balde ata completar aforo, podéndose retirar unha hora antes do seu comezo.