Noia Histórica entrega o seu escaparate valorado en tres mil euros

NOIA> Noia Histórica entregaba a pasada tarde o premio estrelo da campaña de Nadal. A gañadora do escaparate, valorado en tres mil euros, foi Saladina Sáez Moledo por unha compra realizada na paquetería O Merliño.

Un vale de compra de cincocentos euros, electrodomésticos, produtos de alimentaciòn, decoración e mesmo un televisor. Estes e moitos máis son os obxectos que integran o escaparate de Noia Histórixa que xa ten dona. A pasada tarde o presidente da entidade facía entrega de todos estes produtos, valorados en tres mil euros, a Saladina Sáez Moledo.

A rifa gañadora foi repartida pola paquetería O Merliño, cuxa propietaria destacou a importancia destas campañas para dinamizar o comercio local. Precisamente, o presidente de Noia Histórica realizou un balance moi positivo da campaña de Nadal que este ano optou por outorgar un gran premio como reclamo en lugar de repartir vales de compra.