Os veciños da parroquia de San Salvador loitarán pola humanización desta zona

Pontevedra> A Plataforma de Afectados da parroquia de San Salvador, en Poio, non entende por qué o concello paraliza os traballos de humanización na Caeira. Dende esta plataforma están en contra do sentido único, como solución plantexan a posibilidade de construír unha única beirarrúa de 1 metro 80 de ancho e continuar co dobre carril na zona.

Os veciños da parroquia de San Salvador, en Poio, non entenden por qué o concello paralizou as obras de humanización da Caeira. Eles teñen claro que están en contra dun único carril e polo tanto un único sentido de circulación pero ao que non se opoñen é a humanización desta zona e de toda a parroquia.

Dende esta Plataforma de veciños que xa reuniron preto de 1000 sinaturas físicas e máis de 600 apoios en changue.org  ldin que a mellor opción para executar nesta zona é a que eles propoñen, dous carrís de circulación e unha única beirarrúa de 1 metro con 80.

Os veciños están disgustados coa reacción e resposta que se están atopando por parte do concello. María Graciela, veciña da Caeira con diversidade funcional di que leva anos e anos lanzando propostas para mellorar esta situación.

A Plataforma di que continuará loitando  pola humanización da parroquia de San Slavador e para isto convocan unha Asamblea aberta este venres 20:30 local social de Mato Calderón. Unha cita á que agardan que asistan todos os veciños da zona co fin de chegar a un mellor opción e decisión para a parroquia, e con ela, facer presión ao Goberno de Poio.