Vinte alumnos de Lousame, Outes en Noia formaranse en silvicultura

LOUSAME> Vinte alumnos iniciaron esta mañá a súa formación no marco do obradoiro de emprego conxunto entre os concellos de Lousame, Outes e Noia. Non foron os únicos posto que a Xunta financia un total de cinco obradoiros nas comarcas do Barbanza e Muros Noia cun investimento de 2’3 millóns de euros.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, inaugurou xunto cos tres alcaldes o obradoiro conxunto entre Lousame, Outes e Noia. Durante doce meses, vinte alumnos recibirán formación teórica e práctica no módulo de silvicultura e roza, unha especialidade con gran demanda na contorna.

Ademais da adquisición de coñecementos especializados que permitirán a obtención dun certificado de formación con validez en todo o territorio nacional, os alumnos terán ocasión de realizar prácticas en empresas.

Este obradoiro súmase ós outros catro que a Consellería de Economía e Emprego desenvolverá nas comarcas do Barbanza en Muros Noia. 95 alumnos beneficiaranse destas iniciativas que supoñen un investimento de 2’3 millóns de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí