Pontevedra> Trala tempestade chegou a calma, de momento, entre a Policía Nacional e a Garda Civil e o Partido Popular de Pontevedra. O voceiro do PP local e o resto dos concelleiros asinaron esta mañá a iniciativa lexislativa popular para demandar ao Estado unha equiparación salarial entre os policías e gardas civís do estado e das comunidades autónomas. Moreira, que se abstivo na moción do PSOE presentada no pleno, dixo que estes corpos de seguridade contan co apoio do seu partido.
Tralas críticas que chegaron na fin de semana despois de que o PP non apoiase a moción do PSOE onde se demandaba unha equiparación salarial da Policia Nacional e da Garda Civil do estado e das comunidades autónomas hoxe chegou a calma. O PP reuniuse cos membros de JUSAPOL, integrantes da Garda Civil e da Policía Nacional, para amosar o seu apoio a este colectivo, e así asinar a Iniciativa Lexislativa Popular que levarán ao Congreso dos Deputacións para solicitar esta equiparación.
Dende JUSAPOL, lembraron que non pertencen a ningunha organización sindical nin moito menos están vencellados a ningún partido político, din que o seu obxectivo é loitar por unha equiparación salarial.
Dende esta entidade dixeron que a diferencia que hai no salario entre un mosso de esquadra ou un ertzainza e un policía nacional en Galicia é de 12 mil euros anunais. Do Ministro agardan que tome canto antes cartas no asunto, ainda que de momento din que soamente porá parches e non solucións.
En Pontevedra xa recadaron máis de 5 mil sinaturas e no estado máis de 500 mil, co cal agardan que canto antes se debata esta Iniciativa Lexislativa popular no Congreso dos Deputados co fin de acabar co que eles denominan, unha discriminación salarial do Goberno Central.