Deputación e Concello de Pontevedra desbloquean tres proxectos conxuntos pendentes na cidade

PONTEVEDRA> Xuntanza entre a Deputación de Pontevedra e o concello capitalino para desbloquear proxectos conxuntos que están pendentes.

Na reunión, o vicepresidente Rafa Domínguez e o concelleiro pontevedrés César Mosquera comprometéronse a impulsar tres importantes actuacións para a cidade.

Trátanse das obras de rehabilitación interior da Casa Consistorial, do proxecto de acondicionamento da parcela sobre a vía do tren na rúa 12 de novembro e do novo viario de interconexión entre a rúa Rosalía de Castro e a avenida de Marín, en Mollabao.

Para estes tres proxectos xa hai cadanseu convenio entre as dúas administración, pero nos tres casos estaba habendo dificultades para o seu desenvolvemento.