Pontevedra> O Presidente da Xunta de Galicia, confirmou hoxe en Pontevedra, que o Goberno Galego entregará aos pontevedreses o novo edificio xudicial en abril do 2019. Un espazo que conta cun investimento de 21 millóns de euros e que terá capacidade para 28 unidades xudiciais.
O presidente da Xunta, o vicepresidente e o alcalde da cidade, entre outras autoridades, visitaron nesta xornada o novo edifico xudicial da Parda, un espazo que tal e como confirmou nesta xornada Alberto Núñez Feijóo estará listo para entregar a cidade de Pontevedra en abril do 2019.
Unha nova máis que positiva para a cidade
Un edificio que contará cunha superficie de 21 mil metros cadrados, contará con 28 unidades xudiciais, e cun investimento por parte do Goberno Galego de 21 millóns de euros.
Un edificio que contará con dous obxectivos claros para a xustiza e para a cidade de Pontevedra.
Con esta infraestructura o presidente lembrou que serán 200 millóns de euros os que se destinen a Pontevedra nesta lexislatura, falando do Gran Montecelo, o edificio de Benito Corbal, a estación intermodal e a Ponte da Barca. Feijóo tamén quixo lembrar nesta xornada que quedarían pendentes varios asuntos que tratará nas vindeiras semanas nunha reunión co alcalde da cidade.
O presidente lembrou nesta xornada, que esta obra, do novo edificio xudicial da Parda forma parte do Plan de infraestrcuturas xudiciais que, con 100 millóns de euros, se propuxo dotar ás cidades galegas de edificios xudiciais modernos, funcionais e co equipamento tecnolóxico necesario.