A suba dos contaxios continúa en Boiro

BOIRO> Na comarca do Barbanza, Boiro continúa a centrar a preocupación. Os casos activos de covid superan xa os 115 , cunha incidencia acumulada por riba de 600, unha das máis altas a día de hoxe en Galicia.

Durante toda a fin de semana, no centro de saúde do Saltiño, persoal de enfermería  do Servizo de Medicina Preventiva da área Sanitaria Santiago Barbanza veu realizando distintos cribados, tanto ó o sector hostaleiro como entre a veciñanza na franxa de idade comprendida entre 35  e 45 anos. En total unhas 3.500 persoas. Foron unhas probas que se sumaron xa a outras máis selectivas realizadas anteriormente e que tiñan coma finalidade a detección de  persoas asintomáticas.

Segundo os datos facilitados polo propio Sergas participaron o 80% das persoas citadas e os resultados das probas iranse coñecendo nas próximas horas.

Na comarca do Barbanza, Boiro continúa a centrar a preocupación. Os casos activos de covid superan xa os 115 , cunha incidencia acumulada por riba de 600, unha das máis altas a día de hoxe en Galicia.

E a pé de rúa tamén se palpa esta preocupación.

Fontes municipais anunciaron que continuarán cos controis e as medidas de prevención postas en marcha a raíz da entrada en vigor das restricións ditadas polas autoridades sanitarias.

Durante a fin de semana realizáronse controis nas terrazas e rúas con maior afluencia de xente para evitar aglomeracións.

A Policía Local tramitou tres denuncias por incumprir as restricións ditadas polas autoridades sanitarias. Dúas delas por incumprir o toque de queda e outra mais por desprazamentos dende fora do municipio.

Polo que se refire as actividades culturais e deportivas estas seguen canceladas. E os parques infantís, pistas e instalacións deportivas continúan pechadas, á espera de como evoluciona o número de contaxios.

O Concello volve a incidir na necesidade de que toda a veciñanza siga estritamente as medidas de seguridade establecidas, que non entre e saia do municipio a nos ser que causas xustificadas e que cumpra coas demais medidas de seguridade e hixiene establecidas.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí