O 2017 converte turísticamente a Pontevedra na provincia máis dinámica do Estado

Pontevedra> O 2017 sitúa a Pontevedra como a provincia máis dinámica de toda España en termos turísticos. Nava Castro visitaba nesta xornada a Boa Vila para presentar os datos que nos deixou o pasado ano.  Na cidade do Lérez aloxáronse 115 mil persoas con 227 mil pernoctacións.

O 2017 pechou as súas portas con datos máis que positivos turisticamente falando, xa que Galicia superou os 5 millóns de visitantes.

Uns datos, onde segundo a secretaria xeral de turismo, xa poñen en evidencia que estamos conseguindo encher de turismo os meses máis baixos do ano.

Unha rolda de prensa que se deu na Boa Vila posto que a provincia de Pontevedra foi a máis dinámica de todo o Estado español, conseguindo medrar un 13 por cento a cifra de viaxeiros e un 12 por cento no número de pernoctacións.

En canto á capital de provincia, rexistrouse un incremento do 26,9 por cento no númeoro de viaxeiros. Desta maneira durante o 2017 máis de 115 mil persoas se aloxaron en establecementos hostaleiros da cidade pasando máis de 227 mil noites entre todos eles.