Os hostaleiros tratan de adaptarse ao servizo a domicilio a pesar das grandes perdas económicas

PONTEVEDRA> Coas portas pechadas e cos ingresos caíndo en picado, os hostaleiros tratan de adaptarse ás medidas da Xunta de Galicia. Moitos aseguran que o servizo a domicilio e a recollida en local non son rendibles pero, polo de agora, é a súa única opción de traballo.

Dende que a Xunta de Galicia tomou a decisión de pechar os locais de hostalería, esta é a imaxe que máis se repite na nosa comunidade. Os restaurantes e as cafeterías tratan de sobrevivir a pesar de todas pedras que atopan no camiño pero todos coinciden en que co servizo a domicilio e coa recollida en local non cobren todos os gastos.

Adaptarse a esta nova situación é a única maneira de conseguir manter viva esta imaxe, xa que as perdas económicas aumentan cada día.

O apoio de todos os pontevedreses e a confianza que depositan neste sector é o que lles sigue dando forza aos hostaleiros para manter abertas as portas dos seus establecementos pero, sen dúbida, a única maneira de sobrevivir a esta pandemia é que todos poñan da súa parte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí