O PP Provincial considera “decepcionante” a xestión da Deputación durante o 2017

Pontevedra> O PP Provincial fixo esta mañá balance do Goberno da Deputación durante o ano 2017. Os populares afirmaron que se sentiron decepcionados polo traballo desenvolvido polo PSOE e o BNG á fronte da institución provincial. Elena Muñóz considera que Carmela Silva non está á altura e que os veciños de Pontevedra merecen moito máis.

Dende as filas do PP provincial fixeron esta mañá balance do Goberno da Deputación durante o ano 2017. Os populares din que se senten decepcionados e que os veciños da provincia non se merecen contar cunha presidente que o único que quere é utilizar a presidencia como plataforma política dentro do seu propio partido.

Dende as filas do PP cren que o Goberno do PSOE e do BNG non sabe encaixar as críticas, para Ángel Moldes o Goberno bipartido fracasou coa súa falta de ilusión e de proxectos con problemas para xestionar a Deputación.

En canto ao Plan Revitaliza dende o PP dixeron que teñen claro que non funciona como debería, e anunciaron que, nos vindeiros días, presentarán un informe con datos obxectivos sobre esta iniciativa.