O acondicionamento do local da Rúa Ferreiros custará 1.100.000 euros

Pontevedra> O acondicionamento das novas oficinas que comprou o Concello de Pontevedra na esquina das rúas Ferreiros e Pardo Bazán custará 1.100.000 euros, segundo a estimación do concelleiro de Facenda, Raimundo González. A compra deste local de 1.328 metros cadrados, repartidos en dúas plantas, custou ás arcas municipais un total de 1.152.000 euros.

O novo local que o concello mercou por un millón de 152 mil euros na rúa dos Ferreiros xa está deseñado e acondicionado para poder comezar todos os trámites administrativos. Este acondicionamento tería un custe de un millón 100 mil euros. E consistiría no seguinte na planta baixa estaría a xestión tributaruia, tesourería e inspección tributaria.

Na primeira planta estarían unificados os servizos de urbanismo que sería as oficinas de Fomento, a oficina técnica de licencias e inspección,  a oficina técnica de rehabilitación e todo o servizo de disciplina urbanísitica. Dende o concello agardan poder estar taballando neste espazo no primeiro trimestre do 2019.

O voceiro do Goberno Local dixo esta mañá que o fin deste inmoble e facilitarlle ao cidadá todos os trámites que ten que seguir e ter nun mesmo edifico todas as dependencias vencelladas e que afecten para un mesmo asunto. Máis de 70 funcionarios traballarán nestas dependencias na rúa dos Ferreiros.