PONTEVEDRA> A programación festeira do verán pontevedrés comeza esta fin de semana. Faino co Senda Fest, unha cita musical na que durante dúas xornadas a música electrónica será a protagonista. A proposta, herdeira do Festival Flop, estrea este ano localización e trasládase ata a antiga parcela de Tafisa. A entrada será libre e gratuíta.
A música electrónica marca o inicio da programación festeira do verán en Pontevedra. Esta fin de semana, os días 7 e 8, celébrase na cidade o Senda Fest.
A cita, herdeira do Festival Flop, trasládase dende o parque dos Gafos ata os antigos terreos de Tafisa. Polo demais, mantén a súa filosofía: unha proposta coidada con entrada libre e gratuíta.
O DJ catalán John Talabot será o cabeza de cartel. Actuará o venres 7, despois de pinchar en festivais como o Primavera Sound, o Sonar ou o Bilbao BBK. Polo festival pasarán outros artistas recoñecidos que se mesturarán con outros emerxentes. Tamén destaca a importante presenza feminina.
O venres 7, ademais de John Talabot, actuarán en Pontevedra Oma Totem, Nico y Guillermo Lucena. O sábado 8 Spacer, Mena G, Systema, Arque, Camilo Miranda, Christian Lem, La_ind0 e Certain People os que poñan música á segunda e última xornada do Senda Fest.











