Óscar Casais presenta a súa dimisión coma membro da Executiva de CxG

RIBEIRA> O ribeirense Óscar Casais presenta a súa dimisión coma membro da Executiva de Compromiso por Galicia. Súmase a outros cinco integrantes máis da formación que deciden deixar deste órgano. Segundo informaron as razóns da súa marcha débense fundamentalmente a non compartir o modo autoritario de proceder do seu Secretario Xeral, Juan Carlos Piñeiro Docampo. Cabe lembrar que Casais era o Secretario de Coordinación da Executiva de Compromiso por Galicia e foi o seu candidato á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións autonómicas aprazadas por mor da crise do coronavirus. No fondo. a decisión pode estar considiconada poo anuncio de alianza de Compromiso por Galicia con En Marea e o Partido Galeguista para concorrer de xeito conxunto as eleccións autonómicas do vindeiro doce de xullo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí