O PP presentará unha emenda para rebaixar un 10% o IBI a toda a cidadanía

Pontevedra> O Partido Popular de Pontevedra criticou esta mañá a falta de xestión que en asuntos municipais, como a compostaxe ou o contrato da auga, están realizando dende o Goberno local. Nunha intervención onde tamén presentaron unha emenda para demandar a rebaixa do IBI nun 10 por cento a toda a cidadanía.

O Partido Popular de Pontevedra criticou esta mañá a falta de xestión que en numerosos asuntos, como a compostaxe, a licitación de obra no Edificio de Benito Corbal, o contrato da auga, o mantemento na ponte da A Barca, están deixando en evidencia ao Goberno do BNG na cidade. Para os populares esta falta de xestión está deixando a súa repercusión na capital de provincia.

Ademais dende o PP tamén presentaron esta mañá unha emenda que levarán ao pleno do vindeiro mes, unha emenda centrada na baixada do IBI a toda a cidadanía do 10 por cento. Dende o PP comparten a emenda presentada por Marea, PSOE e Ciudadanos pero cren que na actualidade hai que ser máis ambiciosos e pedir por todos os veciños.

Unha emenda que será debatida no vindeiro pleno municipal que terá lugar o 9 de febreiro no Teatro Principal.