O Concello recorre a sentenza dos crematorios ante o Supremo

Pontevedra> O concello de Pontevedra recorre ante o Supremo a sentenza dos crematorios. A concelleira de Urbanismo explicou esta mañá que o Concello acordou presentar este recurso dado que os principais prexudicados son os veciños, xa que dende o Goberno Local quedan sen ferramentas para frear a instalación de crematorios, cando menos, no centro urbano.

O concello de Pontevedra presentou a principios de mes o anuncio de recurso ante o Tribunal Supremo para casar a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contrario á modificación puntial do Plan Xeral de Ordenación Municipal que prohibía a instalación de novos crematorios na cidade.

O concello agarda que o Supremo estime, canto menos, parcialmente o recurso municipal de tal modo que continúe a prohibición de construción de crematorios en núcleos urbanos, deixando vixente a modificación do Plan neste punto.

No caso de vir unha denegación do recurso, o Concello traballará con todos os recusos que teña nas súas mans para tratar de frear esta ausencia legal que podería volver a ameazar a cidade con novos crematorios.