Marta Giráldez consegue en Meis a única maioría absoluta do PSdeG na comarca do Salnés

SALNES> Marta Giráldez consegue en Meis a única alegría do PSdeG na comarca do Salnés. A rexedora obtén unha maioría absoluta que os socialistas perden en Vilagarcía, O Grove e na Illa. En Cambados as forzas políticas de esquerdas tamén perden a maioría e o goberno municipal está moi preto da popular Sabela Fole.

Os resultados electorais na comarca do Salnés golpearon con forza ao partido socialista. Aínda que todo fai indicar que os socialistas manterán catro alcaldías, a formación só consegue a maioría absoluta en Meis. A rexedora Marta Giráldez, mellorou os seus resultados e conseguiu 6 edís, permitindo a gobernabilidade en solitario. O PP perdeu un representante quedando nos 4 e o BNG repite cun concelleiro.

No Grove, Jose Antonio Cacabelos perde dous concelleiros baixando ata os 8 pero repite como forza máis votada. O PP sube un ata os catro edís, ao igual que Esquerda Unida que se sitúa nos 3 representantes, repite con dous o BNG.

Na Illa, Luís López non puido revalidar a maioría absoluta de Carlos Iglesias. Os socialistas caeron dos seis ao tres concelleiros, empatando co BNG pero superando á formación nacionalista por corenta votos. Ascende de forma considerable o PP, conseguindo cinco representantes, un máis que no 2019.

Onde pode perder a alcaldía o partido socialista é en Cambados. Aínda que Samuel Lago mantivo os catro concelleiros, as forzas de esquerda perden un representante, concretamente de Somos Cambados que pasa de tres a dous empatando co BNG. Ese representante foi para o Partido Popular de Sabela Fole, que con 8 concelleiros está a un só da maioría. A chave do goberno volve estar en mans de Cambados Pode como hai oito anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí