Os xubilados se mobilizan a prol dunhas pensións “xustas e dignas”

Pensionistas e xubilados, convocados polo sindicato CIG, concentráronse este mércores na praza da Peregrina.

Pontevedra> Pensionistas e xubilados, convocados polo sindicato CIG, concentráronse este mércores na praza da Peregrina co fin de reivindicar que as pensión mínimas sexan iguais que o salario mínimo interprofesional. Unha mobilización realizada co fin de defender o sistema público de pensións.Os pensionistas se manifestaron esta mañá, convocados polo sindicato CIG, co fin de loitar por unha pensión digna e que se incremente de acordo coa suba do IPC. Moitos xubilados asistiron a esta concentración polo mesmo motivo.

Dende a CIG afirman que as reformas realizadas durante os últimos anos non revisaron o importe nominal das pensións ou executáronse por debaixo da inflación chegando ao punto en que no ano 2013 o PP eliminou a lei que establecía o IPC como referente.