Os pensionistas reivindican en Noia a suba correspondente ó IPC

NOIA> A Coordinadora en Defensa das Pensións Públicas concentrouse esta mañá ás portas do concello de Noia para reclamar unha suba correspondente ó IPC. Consideran unha burla o incremento do 0’25 aprobado polo goberno. Dende a plataforma fan tamén un chamamento á xente nova para implicarse na defensa non só das pensións senón de todo o sistema da seguridade social. Ó remate da concentración tivo lugar unha charla no salón de plenos para abordar as últimas novidades con respecto ó sistema público como a futura entrada en vigor do factor de sostenibilidade que traerá aparellados máis recortes.