A Xunta licita a reforma dos Xulgados de Noia por 210.000 euros

NOIA> A Xunta de Galicia investirá máis de douscentos mil euros na reforma dos Xulgados de Noia. As obras irán encamiñadas a reforzar o illamento do inmoble así como mellorar a eficiencia enerxética.

O vicepresidente da Xunta desprazouse esta mañá ata Noia para coñecer en detalle as reformas que se van a acometer nos xulgados da vila. A Xunta investirá algo máis de douscentos mil euros nesta actuación que inclúe a substitución da cuberta, a renovación do alumeado e o cambio da capintería exterior da fachada.

A Xunta vén de iniciar o proceso de licitación co que prevé ter adxudicada a obras no mes de maio.

Os traballos compatibilizaranse co desenvolvemento da actividade xudicial polo que o concello porá a disposición da Xunta un local adicional para depositar o arquivo ou mobiliario mentres se desenvolvan as obras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí