Os albergues de Vilanova preparan os seus establecementos para garantir a seguridade dos peregrinos

VILANOVA> Os albergues de Vilanova prepáranse para reabrir as súas portas o vindeiro 1 de xullo. Os hospedaxes están traballando para garantir todas as medidas de seguridade. Dende o concello agardan que se recupere o tránsito de peregrinos no Salnés e lamentan a decisión da alcaldesa de Meis manter pechado o albergue da Armenteira.

————————–

Vilanova traballa para garantir a seguridade na súa vila e incentivar a visita de turistas. Despois dos hoteis e os campings, o seguintes en abrir as súas portas serán os albergues. Terán que agardar ata o un de xullo, pero mentres se preparan para garantir as medidas sanitarias.

Os albergues están preparados con todo o necesario para cumprir co protocolo da consellería de sanidade.

Dende o concello son cautos á hora de facer unha previsión en canto ao número de turistas que poidan visitar o Salnés esta tempada. O que lamentan é que a alcaldesa de Meis manteña pechado o albergue do Salnés. Aseguran que isto afecta a todos os albergues da comarca e xa traballan en alternativas para que os peregrinos sigan visitando as rutas do Salnés.

A estas críticas sumouse a asociación de turismo Presume de Vilanova. Dende a agrupación queren manter unha reunión coa deputación de Pontevedra e a Mancomunidade do Salnés para que se reabra o albergue e manter a ampla visita de peregrinos polas rutas que transcorren pola comarca.