Boiro continúa co progresivo descenso dos casos activos

BOIRO> Hoxe son 75, a cifra máis baixa dende o pasado 5 de decembro, nas xornadas previas a que se decretase o seu peche perimetral. Aínda que o numero de casos activos no municipio vén en descenso, a incidencia acumulada segue sendo elevada, polo que o municipio continua no nivel máximo de restricións.

Como vén sendo habitual tódolos luns, no inicio da semana, esta mañá volveu a reunirse a comisión de seguimento da covid. Na xuntanza estúdase a evolución dos contaxios nos últimos días  no municipio e analízanse as accións a realizar dende o propio Concello, labores de desinfección e controis por parte da Policía Local polo incumprimento das medidas.

A situación a día de hoxe, máis de corenta días despois de que se decretase o peche perimetral do municipio, é máis favorable, cun descenso importante no número de casos.

Aínda así dende o Concello fan unha chamada á prudencia e a importancia de seguir cumprindo coas medidas establecidas. En canto ás datas desa posible apertura, dende o Concello queren ser cautos, á espera da evolución dos datos e as recomendacións das propias autoridades sanitarias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí