PONTEVEDRA> Mañá comezan as vacacións de Semana Santa. A pesar da previsión do mal tempo, moitas persoas elixen as Rías Baixas para desfrutar destas datas.
Chegou unha das celebracións máis esperadas do ano: a Semana Santa. Unhas datas que, coma sempre, encherán de turistas as rúas da cidade.
A gastronomía, como cada ano, é un dos principais motivos polos que centos de turistas achegaranse estes días a Pontevedra.
Moitos visitantes na cidade e moitos veciños que deciden irse. Iso si, algúns pontevedreses parece que prefiren quedarse na casa e desfrutar das procesións.
Tanto para os que se queden na cidade como para os que cheguen durante esta Semana Santa soamente queda que o tempo acompañe para que todos os turistas se vaian coa mesma intención.