PONTEVEDRA> ‘A nosa meta, a igualdade’ é o lema escollido pola Deputación de Pontevedra para este Día Internacional da Muller. Hoxe o acto central celebrouse no vestíbulo do Pazo Provincial. A encargada de ler o manifesto foi a directora deportiva do Traviesas Hockey Club, Marina Pérez. Puxo o foco na mocidade e no impacto limitante que están a ter as redes sociais nas aspiracións das nenas.
Para a Deputación de Pontevedra, o camiño cara a igualdade é unha carreira de fondo.
‘A nosa meta, a igualdade’ é o lema da campaña que este ano impulsa o organismo provincial neste 8 marzo. Hoxe o Pazo Provincial acolleu o acto central. Da lectura do manifesto encargouse Marina Pérez, directora deportiva do Traviesas Hockey Club. A única adestradora muller a nivel estatal dun club de hockey masculino.
Pérez puxo o foco tamén no impacto das redes sociais. Alertou do auxe de discursos e modelos que presentan como ideal mulleres que non incomoda, que non cuestionan e que reducen o seu proxecto vital para encaixar en expectativas alleas. Lastrando as aspiracións das nenas.
Foros como ‘Mulleres no Foco’ ou ‘As mulleres que opinan son perigosas’ ou certames como ‘Ti que pensas da igualdade’ ou ‘Boas prácticas en igualdade’ son exemplos, dixo López, da aposta da Deputación para acadar esta meta.











