Pontevedra> Finalmente, o concello de Pontevedra e o de Poio non conseguiron que se amplíen as beirarrúas no proxecto de reforma da Ponte de A Barca. Mosquera dixo esta mañá que o proxecto presentado non cumpre coa normativa de accesibilidade da Xunta, que esixe 1,80 metros de ancho nas beirarrúas, e neste caso, nunha das marxes non se cumpre.
A consellería de Infraestruturas respostou aos concellos de Pontevedra e Poio en relación á ampliación que solicitan das beirarrúas no proxecto de reforma da Ponte de A Barca. Segundo a administración autonómica por seguridade a ponte non pode levar beirarrúas máis amplas. Algo que Mosquera non comparte e considera que é cabezonería dun funcionario.
Ademais o concelleiro en Pontevedra e vicepresidente da Deputación provincial confirmou esta mañá que se non cambian o proxecto de reforma, unha das beirarrúas non cumpriría coa normativa da Xunta de accesibilidade.
Mosquera non entende nin comparte as razóns que dende a Xunta de Galicia alegan para non ampliar as beirarrúas da Ponte.
Dende o concello darán resposta á Consellería de infraestruturas lembrándolles que incumpren coa súa normativa de accesibilidade e solicitando unha vez máis a ampliación das beirarrúas no proxecto de reforma da Ponte da Barca.