PONTEVEDRA> A Asociación de Amigos do Camiño Portugués entregou hoxe a insignia de ouro a Román Rodríguez. O colectivo pontevedrés decidiu outorgar este recoñecemento o actual conselleiro de Cultura polo seu compromiso co Camiño Portugués e polo apoio mostrado á ampliación do Albergue de Peregrinos.
O Liceo Casino de Pontevedra acolleu hoxe o acto de entrega da Insignia de Ouro das Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago. Román Rodríguez foi a persoa elixida, por unanimidade, pola Asemblea Xeral desta Asociación. Unha mostra de agradecemento ao compromiso mostrado co Camiño Portugués.
O conselleiro de Cultura recibiu esta insignia con honor e tamén con responsabilidade. Ademais, Román Rodríguez quixo aproveitar este acto para aplaudir o traballo realizado pola Asociación de Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago nos últimos anos, especialmente neste 2020 tan complicado pola crise da Covid.
Neste acto tampouco faltou o alcalde de Pontevedra, que quixo facer fincapé na implicación de todos os sectores co Camiño Portugués.
O gaiteiro Carlos Núñez foi o encargado de poñer o toque musical a este evento.