O Centro de Día de Boiro celebra o seu décimo aniversario

BOIRO> O Centro de Día de Boiro celebra o seu décimo aniversario. Hoxe iniciáronse os actos conmemorativos cun acto institucional e a apertura dunha exposición fotográfica que recolle o labor diario do centro. Usuarios e traballadores do centro de día de Boiro reuníronse no centro social da localidade para celebrar o décimo aniversario deste servizo. En 2001 déronse os primeiros pasos do proxecto que finalmente abría as súas portas en 2008. Nestes dez anos, son moitos os usuarios que teñen pasado polo centro destacando todo eles o gran labor do seu persoal. Hai unha década, Boiro foi pioneiro posto que este tipo de servizos non estaban moi estendidos por Galicia. Seguindo ese espírito innovador e de aposta social, o concello traballa agora nun ambicioso proxecto: un centro xerontolóxico que se convertiría en referente a nivel nacional. Ademais deste anuncio, o alcalde aproveitou a súa presenza no acto para felicitar ós responsables do centro de día por estes dez anos. Dez anos que aparecen recollidos na exposición fotográfica que se poderá visitar no centro social ata o 27 de marzo.