BOIRO> Máis de 30 establecementos participan este sábado na Noite Aberta da Asociación Boirense de Empresarios. Ademais de descontos e sorteos, haberá durante toda a xornada espectáculos teatrais, obradoiros e animación de rúa.
Todo listo en Boiro para acoller este sábado unha nova edición da Noite Aberta. 32 establecementos ofrecerán descontos ós clientes que, por cada dez euros de compra, recibirán unha participación para entrar no sorteo de diversos agasallos na ruleta da sorte.
Ademais das degustacións, sorteos e sesións DJ promovidas polos establecementos participantes, o concello organizará tamén unha ampla programación con actividades culturais e obradoiros durante toda a xornada.
Os cativos poderán acceder tamén ó parque de inchables que se instalará na praza de Galicia, coas invitacións que entregarán os distintos establecementos comerciais e hostaleiros.











