Kalandraka, un referente internacional do álbum ilustrado

PONTEVEDRA> Seguimos coa nosa pequena homenaxe a todos os premiados deste ano por Amigos de Pontevedra. Cada edición, esta asociación honra a unha entidade colectiva e este ano a elixida foi a editorial Kalandraka. Un referente internacional no álbum ilustrado.

Adaptarse aos novos tempos non é algo fácil, sobre todo cando o teu traballo ten que ver cun ben cultural e cunha industria como é a editorial. Pero tras 20 anos rescatando clásicos infantís e creando obras dunha calidade estética inmellorable, Kalandraka conseguiu chegar a converterse nun referente internacional neste sector.

Kalandraka foi presentada un 2 de abril de 1998, coincidindo co Día do Libro Infantil. O obxectivo co que naceu era contribuír á normalización lingüística. Pero esta iniciativa foi crecendo ata converterse nun proxecto plurilingüe que hoxe en día publica as súas obras en galego, castelán, catalán, éuscaro, portugués, italiano e inglés.

Pero o traballo de Kalandraka non se centrou unicamente na creación propia. Esta editorial fixo sempre un gran esforzo na recuperación e no rescate de clásicos infantís des catalogados.

E por si fora pouco o traballo que levan realizando nestes 20 anos, a editorial Kalandraka decidiu coller a cámara e crear un canle de televisión.

Tras conseguir, no ano 2012, o  Premio Nacional á mellor editorial de España, agora o traballo de Kalandraka volve a ser recoñecido. Neste caso pola asociación Amigos de Pontevedra.

Este recoñecemento demostra que Kalandraka pasou de crear historias a ser unha parte fundamental da historia de Pontevedra.