O PP reclama no Congreso e no Senado coñecer proxecto de rehabilitación da antiga sede de Facenda

PONTEVEDRA> O Partido Popular de Pontevedra mira cara o antigo edificio de Facenda. A formación reclama a rehabilitación urxente do inmoble, que leva baleiro dende hai case 15 anos. Tras coñecer din, a través da prensa, o proxecto de rehabilitación que manexa o Ministerio de Cultura, demandan ao Goberno a información oficial para afondar sobre os plans para este senlleiro edificio. Recordemos que a intención é que acolla o futuro Arquivo Provincial.

O Partido Popular de Pontevedra quere coñecer o proxecto oficial que manexa o Ministerio de Cultura para a rehabilitación da antiga sede de Facenda na cidade. Para iso, recorrerán ao Congreso dos Deputados e ao Senado.

A senadora Pepa Pardo destacou o estado de abandono no que se atopa o edificio, que leva dende o 2010 baleiro de actividade. Pardo desconfía da folla de ruta do Goberno central que, asegurou, acumula máis de catro anos de agarda.

Tanto o deputado como a senadora rexistraron dúas solicitudes nas cámaras Baixas e Alta para acceder ao proxecto íntegro. Tamén queren coñecer os informes que o acompañan e os prazos que se manexan dende o Ministerio.

Segundo os plans do Ministerio de Cultura, o inmoble converterase no futuro Arquivo Provincial. Un uso que non comparten dende o Partido Popular. A formación propuxera a finais de 2023 que se empregara como biblioteca pública, contando coa colaboración económica da Xunta de Galicia. BNG e PSOE votaron en contra da moción levada ao pleno municipal.