As axencias de viaxe piden solucións de cara á reapertura dos seus negocios

PONTEVEDRA> Os axentes de viaxe concentráronse esta mañá fronte á Subdelegación do Goberno en Pontevedra. O obxectivo, esixir ao Goberno Central mais medidas para paliar a crise económica tras o Covid-19. O sector leva meses sen ingresos e non contan con ningunha solución de cara á reapertura dos seus negocios.

Seguridade xurídica para os seus clientes, unha normativa clara das cancelacións xurdidas da crise do Covid e continuidade tanto do cese de actividade como dos Ertes. Esas son algunhas das peticións dos axentes de viaxe. Un dos sectores máis afectados por esta crise sanitaria.

En Galicia hai preto de 600 axencias de viaxe, das cales dependen arredor de 1.000 traballadores. Na maioría dos casos, os empresarios vense abocados ao peche definitivo dos seus negocios.

Esta concentración levouse a cabo esta mañá en todas as capitais da provincia co obxectivo de dar voz a un sector que se sinte abandonado polo Goberno do Estado.

A concentración desenvolveuse con estritas medidas de hixiene. Todos os manifestantes levaban máscaras e gardaron as distancias de seguridade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí