O Correlingua enche de cor as rúas da cidade para festexar a súa maioría de idade

Pontevedra>Un ano máis, e xa van 18, a carreira en prol da lingua percorreu as rúas de Pontevedra. Centros de escolares chegados de distintos puntos da cidade, e incluso de concellos limítrofes con Pontevedra, participaron nesta iniciativa que ten como fin defender o uso do galego en todos os ámbitos do noso día a día.

O Correlingua cumpre a súa maioría de idade e faino por todo o alto, nesta xornada, centros e escolares percorreron as rúas da cidade en defensa da nosa lingua, do galego.

Unha cita que tivo como mestra de cerimonias a actriz e humorista Isabel Risco quen e amosou encantada de participar nunha iniciativa destas características.

E un idioma, o galego, que estes pequenos dixeron que utilizan a diario, dependendo da compañía fano máis ou menos…

Baixo o lema deste ano “A LINGUA NON PARA” estes pequenos e pequenas e mozos e mozas percorreron as rúas de Pontevedra. A decima oitava edición do Correlingua segue o seu camiño, mañá estará en Lugo e así sucesivamente, por diferentes vilas ata o seu remate que será o 16 de maio na cidade de Vigo.