O músico Álex Millet estrea o seu primeiro disco en Ribeira

    RIBEIRA> O músico ribeirense Álex Millet presentará mañá o seu primeiro disco ‘Expresiones’. Ofrecerá un concerto a partir das nove no auditorio municipal. Os que non queiran quedar se velo deberán recoller as invitacións media hora ante do inicio. Con dezanove anos recén cumpridos, Álex Millet estrea o seu primeiro disco. A música forma parte da vida deste mozo ribeirense que dende ben cedo tivo clara a súa paixón. Formado na rondalla de Aguiño, que dirixe na actualidade, a tras cursar os estudos de piano e de violín no conservatorio, o compositor deu o salto da música tradicional ó pop co álbum Experiencias. Aínda que confesa que non foi doado o proceso para chegar a gravar este primeiro disco, Álex amósase orgulloso deste traballo, unha escolma da súa amplo repertorio, que dá idea da súa gran capacidade creativa. A posta de longo do disco terá lugar mañá no auditorio municipla a partir das nove da noite. Mentres tanto deixamoslle que vaian abrindo boca cun adianto do talento deste mozo que, de seguro, ten por diante unha prometedora carreira musical.