BOIRO> O Instituto da Cachada de Boiro foi incluído xunto a outros sete centros educativos máis de toda Galicia no programa da Dirección Xeral de Saúde Pública da consellería de Sanidade, “Apuntámonos a non beber!”. Máis dun centenar de alumnos de primeiro de ESO do IES da Cachada asistiron esta mañá a unha charla enmarcada no programa da Dirección Xeral de Saúde Pública da consellería de Sanidade, “Apuntámonos a non beber¡”. O instituto boirense participa nesta experiencia con sete centros máis de toda Galicia. A charla contou ademais coa presenza do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, quen animou animou ós rapaces a transformase en líderes que poidan axudar a previr o consumo de alcol entre os seus compañeiros. Un aspecto este no que incidiu tamén o alcalde, Xoán Xosé Dieste. Segundo el o retraso no inicio do consumo de alcol é primordial de cara o desenvolvemento futuro do noso país. Ademais das acción preventivas, a campaña tamén busca que os rapaces coñezan os mitos sobre o consumo de alcol, que se desnormalice a conduta de consumilo e que coñezan, precisamente, a relación existente entre esta normalización e a publicidade.
Inicio BARBANZA