O desfile París-Dakar pon o broche de ouro ó entroido noiés

NOIA> Finalmente este venres celebrábase en Noia o tradicional desfile de entroido París Dakar que tivo que se aprazado polo mal tempo. Unha explosión de cores e diversión invadiu as rúas de Noia esta fin de semana, cando finalmente se celebrou o tradicional desfile de entroido París Dakar. Este concurso, no que se deron cita os máis orixinais e variados disfraces, pechou o entroido noiés cunha gran afluencia non só de concursantes senón tamén de espectadores. Aínda que foi moi difícil, dado o alto nivel dos disfraces participantes, o xurado distinguiu finalmente Estrelas da Noite como gañadora na categoría de grupos, seguida de Ciklón;  Hiraku, unha viaxe polo lonxano Oriente; De boda en París e Luces de Tomiño. No que respecta ás comparase houbo distincións para  O feitizo dos armatroulas, A tribu,  Tempos de guerra e os Paiasos Manicómicos. Ratatouille os ratos larpeiros e Un picnic sensacional resultaron primeiro e segundo clasificados por parellas mentres que na categoría individual  gañou  Dino sobre rodas seguido dun Monstro Mariño. Por último, o xurado outorgou o premio simpatía á O secreto de vitoria e dedicou cinco mencións especiais a  Visitantes na rúa, Yo fui a EGB,  Os xigantes venecianos de Liñaio, Imos a praia anos 20 e Jalisia´Dor.