OUTES> A deputada Rosana Pérez, xunto con voceiros da formación nacionalista na comarca de Muros-Noia, volveu a demandar da Xunta a elaboración dun regulamento de baleirado e limpeza daqueles encoros que son da súa competencia.
Non é a primeira vez que fai esta solicitude, obtendo sempre a negativa do Goberno Galego.
Dende o BNG comarcal sinalan que actitude enormemente irresponsable da Xunta que coa súa negativa a protocolizar estas prácticas está a provocar graves consecuencias para o sector do mar, especialmente o marisqueiro, como aconteceu hai varios días na Ría cunha nova alta mortaldade de marisco.











