RIANXO> O Cupón da Once do sorteo de onte deixou 280 mil euros en Rianxo. O número agraciado foi o 02.943, do que se venderon un total de oito cupóns, cun premio de 35 mil euros cada un. Durante toda a mañá, nada máis coñecer a nova que correu coma un ruxe-ruxe pola vila, foron moitos os clientes que se achegaron ata o posto de Luís Miguel Romero, na rúa de Abaixo, para comprobar o seu cupón, e ver se foran eles algún dos agraciados. Foron en total oito cupóns, premiados con 35 mil euros cada un, correspondentes ó número 02.943. Trátase do seu primeiro premio importante, pois apenas leva ano e medio vendedor da ONCE, despois de sufrir un accidente nun brazo no matadoiro no que traballaba o que ll elle provocou unha discapacidade física. Segundo el mesmo recoñece, os cupóns premiados foron vendidos a clientes habituais, polo que está moi repartido. Na vila aínda se preguntan quen son os afortunados.
Inicio BARBANZA