PONTEVEDRA> A Deputación participará no Cumio Mundial do Clima que se está a celebrar en Madrid ata o 13 de decembro. Baixo o lema “É tempo de actuar”, a institución provincial presentará a Pontevedra, no acto de clausura deste evento, como unha referencia local cara a transición ecolóxica.
A Deputación de Pontevedra será unha das protagonistas do Cumio Mundial do Clima de Madrid. A presidenta, Carmela Silva, intervirá no acto de clausura e debaterá sobre os retos locais fronte ao cambio climático. Un paso máis para converter á provincia nun referente a nivel internacional.
O compromiso co medio ambiente é un dos piares principais deste goberno. Por iso a Deputación, ademais de participar neste Cumio, vaise a adherir tamén ás propostas da Rede Española de Cidades polo Clima. O fará a través de 3 accións concretas. A primeira consistirá en apagar a iluminación das fachadas dos edificios da institución provincial o día 7 de decembro entre ás 20 e ás 20:30 horas. A seguinte actuación desenvolverase na vindeira primavera a través dunha marcha popular que se levará a cabo en Pontevedra e en Vigo. E, por último, a Deputación unirase ao manifesto #UnÁrbolPorEuropa coa plantación dunha árbore nun municipio da provincia antes do día 5 de xuño. Tres accións claras que se suman as outras que se están xa a desenvolver en toda a provincia.
Actualmente, a Deputación de Pontevedra cumpre xa co 91% dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas. Pero, o obxectivo da institución provincial é conseguir o 100% e cumprir cos retos da axenda 2030.