Noia acollerá esta fin de semana a súa Feira do Comercio

NOIA> A iniciativa, que chega á súa décimo terceira edición, está organizada pola patronal local e instalarase no pavillón podideportivo Agustín Mourís. Van alá trece edicións e despois do éxito acadado en todas elas, Noia Histórica segue a apostar por este tipo de iniciativas de cara a mellorar as vendas do sector comercio. A cita será esta fin de semana, dende mañá venres día 2 ata ó domingo 4. A feira estará instalada no pavillón polideportivo Agustín Mourís e contará coa participación duns 23 comercios. Un número similar ó de anos anteriores. Haberá diversas actividades e obradoiros e tamén cafetería e unha ludoteca para os máis pequenos. Tanto o presidente de Noia Histórica coma a edil de Comercio, Mariola López, que tamén participou no acto de presentación da feira fixeron unha chamada a acudir a visitala no seu intento de potenciar as compras na vila. A entrada será de balde e os horarios variarán en función do día: o venres de cinco a nove e media, o sábado de dez e media a nove e media e o domingo de dez a media a nove da noite