O BNG de Porto do Son reclama a rehabilitación integral do centro de saúde

PORTO DO SON> O BNG de Porto do Son denunciou esa mañá a situación de precariedade e urxencia que presenta o edificio do centro de saúde da localidade, con constantes filtracións de auga ó seu interior procedentes das deficiencias existentes na cuberta e nas fiestras.

A maiores denuncian tamén o mal funcionamento da caldeira que condiciona unha correcta atención ós pacientes e dificulta tamén as condicións de traballo do persoal do centro.

A pesar de terllo xa solciitado en pleno en máis dunha ocasión, incluso o propio persoal do centro pedindo unha actuación a fondo no edificio, o Concello segue a día de hoxe a dar a calada por resposta, apostando todo á construción dun novo centro de saúde. Un proxecto sobre o que os nacionalistas entenden que hai bastantes incertezas.

Ademais da súa denuncia pública o BNG, di recoller tamén o malestar por esta situación, non só dos usuarios senón tamén do persoal, que a través da CIG,  reclama tanto do Concello como da propia Xerencia da Área Sanitaria de Santiago, a rehabilitación integral do edificio.