RIBEIRA> Ó abeiro dunha liña de axudas convocada pola consellería de Emprego e Comercio, o concello de Ribeira levará a cabo un estudo sobre a situación e usos do mercado municipal así como un programa de formación para os praceiros.
Trátase dun paso máis para adherirse á rede de mercados excelentes que, ata o momento, tan só integran catro prazas de toda Galicia.
Estas actuacións véñense sumar ás reformas previstas na praza como o pintado da fachada e a reposición do alumeado perimetral.
Destacan tamén outras melloras acometidas recentemente como o sistema de taquillas intelixentes que supón tamén un valor engadido no camiño cara a excelencia











