O Delegado do Goberno destaca a baixada da criminalidade en Pontevedra

Pontevedra> O Delegado do Goberno en Galicia visitou esta mañá a comandancia da Garda Civil en Pontevedra. O fin deste encontro na Boa Vila foi o de presentar 11 novos vehículos que terá como fin dar unha maior cobertura, e seguridade, á capital de provincia.

A Garda Civil de Pontevedra conta con 11 novos vehículos que foron presentados nesta xornada coa presenza do Delegado do Goberno en Galicia e a subdelegada do Goberno en Pontevedra. Santiago Villanueva destacou a baixada da criminalidade na provincia nun 0,5 por cento durante o último ano.

En relación ao incremento de intervencións en relación a delitos de tráfico de drogas, Santiago Villanueva, afirmou que ese balance é positivo porque significa máis actividade das forzas policiais.

Os vehículos estreados este martes repartiranse entre as cunco Compañías da Comandancia e serán destinados ás necesidades da Compañía Fiscal do porto e aeroporto, ademais da Unidade de Seguridade Cidadá.