Pontevedra preséntase en San Sebastián como a flamante sede dos Premios Feroz

PONTEVEDRA> Esta fin de semana Pontevedra presentouse como sede dos Premios Feroz 2025 e 2026 no día grande do Festival Internacional de Cine de San Sebastián. Unha delegación pontevedresa, encabezada polo alcalde, viaxou ata o País Vasco para a posta de longo deste novo idilio entre a cidade e os galardóns audiovisuais. No marco do acto tamén se deu a coñecer o nome do actor que se encargará de dirixir a primeira gala pontevedresa, La Dani.

O día grande do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, Pontevedra presentouse como a flamante sede dos Premios Feroz 2025 e 2026. A gala do vindeiro ano celebrarase o 25 de xaneiro e a cidade xa se prepara para acollela.

Unha delegación pontevedresa desprazouse ata San Sebastián para o acto oficial de presentación. Momento que a presidenta da Asociación de Informadores Cinematográficos de España, María Guerra, aproveitou para poñer en valor o papel dos Feroz.

No marco deste acto, tamén se anunciou o nome do que será o mestre de cerimonias da primeira gala Feroz pontevedresa. A presentación do acto correrá a cargo do actor La Dani.

Ademais, en San Sebastián entregouse o premio Feroz Zinemaldia, co que os críticos recoñecen a que consideran como a mellor película do festival donostiarra. Este ano recaeu en Tardes de soledad, documental do cineasta catalán Albert Serra.